Skip to main content
ChantadaO Saviñao

O Sergas anuncia novos cribados no Saviñao e Chantada

Por 6 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Sergas anunciou novos cribados para a semana que vén no sur da provincia, en concreto nos municipios do Saviñao e Chantada.

Os cribados, a través da realización de tests de antíxenos, desenvolveranse desde o luns día 8, e en horario de tardes, nos centros de saúde dámbalas dúas localidades.

No caso de Chantada, prevese a participación dunhas 1.000 persoas de entre 30 e 60 anos, e no do Saviñao dunhas 500. Están a seren citadas xa a través dunha sms nos seus teléfonos móbiles, nas que se lles informa do día e hora no que deben asistir para a realización da proba.

Con estos cribados masivos, o Sergas persegue detectar a presenza de positivos asintomáticos entre a poboación.