Skip to main content
O Saviñao

O Saviñao recollerá a vindeira semana os plásticos agrícolas

Por 8 Febreiro, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

O Concello do Saviñao realizará, o martes 16 e mércores 17 de febreiro, a recollida a domicilio de plásticos de procedencia agrícola.

As explotacións agrícolas e gandeiras que queiran facer uso deste servizo teñen que comunicalo con anterioridade chamando no Concello ou chamando ao teléfono 982 45 20 61.

Desde o Concello lembran que non se recollerán cordóns nin outro tipo de plásticos que non sexan agrícolas.