Skip to main content
O Saviñao

O Saviñao acolle a mostra ‘Pandemia virtual’ ata o 5 de marzo

Por 22 Febreiro, 2021Sin comentarios

A Biblioteca Pública Municipal do Saviñao reabre este luns coa exposición fotográfica ‘Pandemia virtual’, de Ángel Utrera.

Cos traballos desta mostra, o autor pretende establecer un dialogo interior consigo mesmo desde o obxectivo da súa cámara fotográfica, “no que me recoñezo e identifico na soidade, os claro escuros, o medo e o silencio individual e individualista, no que mergullo descaradamente sen escusas, buscando deixar espido a través dunha foto esta ausencia de solidariedade e contacto físico, deste novo Virus, que resulta ser o egoísmo individualista do fascismo social provocado por esta nova normalidade absurda, irreal e fría, na que a ausencia do contacto nos está a converter en autómatas”, explica.

A exposición, composta por 25 fotografías, pode visitarse desde este luns, día 22, e ata o 5 de marzo no baixo da biblioteca municipal do Saviñao. O horario das visitas é de 10.00 a 13.30 horas e de 16.30 a 19.30 horas.