Skip to main content
Sober

Clases de poda na viña dos Chancís, en Sober

Por 25 Febreiro, 2021Sin comentarios

Os estudantes practicaron a poda nunha espectacular contorna

O Concello de Sober convida un ano máis ao alumnado do IES O Ribeiro, de Ribadavia, a facer traballos prácticos na viña dos Chancís, de propiedade municipal.

O alumnado do centro visita esta parcela dúas veces ao ano, unha para a poda e outra para a vendima. Do mantemento da finca encargase o Concello de Sober.

Un grupo de 15 alumnos e 3 docentes estiveron facendo traballos de poda ao longo de toda a mañá do pasado martes. Trátase do alumnado que está estudando os ciclos de Formación Profesional de grao medio de Aceites e Viños, e o de Grao Superior de Vitivinicultura.

Está previsto que no mes de setembro volvan de novo aos Chancís para recoller a uva.

EXPERIENCIA SATISFACTORIA

Segundo relataron os propios alumnos, a experiencia foi “moi satisfactoria” xa que puideron contemplar diferentes sistemas de produción, así como as particularidades propias da zona da Ribeira Sacra, moi diferente ao lugar no que eles reciben a formación. Destacaron ademais a fermosura da paisaxe na que están enclavadas as fincas.