Skip to main content
Taboada

ACIMTA promove que as empresas de Taboada acollan estudantes en prácticas

Por 27 Febreiro, 2021Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes de Industriais de Taboada (ACIMTA) está a traballar en varias liñas co fin de achegar a Formación Profesional ao municipio.

Neste senso, a asociación que preside Tamara Castro vén de anunciar que se iniciaron as conversas para que as empresas de Taboada poidan acoller a estudantes de FP dual e convencional.

Desde a asociación entenden que a FP Dual  suporía dinamizar o tecido laboral do concello, “xa que os alumnos formaríanse nas nosas empresas durante un periodo de dous anos e, por conseguinte, atraeríamos talento e xuventude para o noso pobo”.

Desde ACIMTA piden a aqueles empresarios de Taboada que teñan interese en acoller a estudantes en formación nos seus negocios que se poñan en contacto o antes posible coa asociación, que nos vindeiros días concretará máis detalles da iniciativa.