Skip to main content
Láncara

A asociación cultural Val de Láncara organiza un concurso virtual de Entroido

Por 5 Febreiro, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

A asociación cultural Val de Láncara, coa colaboración do Concello, súmase a convocatoria de concursos virtuais para celebrar o Entroido deste ano, marcado polas medidas e restricións adoptadas pola pandemia sanitaria da covid-19.

Deste xeito, a asociación lancaresa vén de convocar un certame de disfraces, con dúas categorías: infantil e adultos.

As persoas interesadas en participar teñen que enviar unha fotografía disfrazadas á dirección asociacionvaldelancara@gmail.com. O día 16, Martes de Entroido, todas as instantáneas subiranse á páxina de facebook da asociación, e aquelas que obteñan máis ‘gústame’,nun prazo de 72 horas, serán as gañadoras de cada categoría.

En canto aos premios, para a mellor fotografía da categoría infantil haberá un vale de 50 euros para gastar na xoguetería Don Dino de Sarria mentras que o gañador dos adultos poderá gozar dunha fin de semana para dúas persoas no Hotel Oca Augas Santas de Pantón. Ademais, entre todas as fotos recibidas, a asociación Val de Láncara sorteará unha cea para dúas persoas na taberna Airexe de Muro.