Skip to main content
Comarca SARRIAXA

A comarca rexistra tres novas mortes por covid

Por 16 Febreiro, 2021Febreiro 17th, 2021Sin comentarios

A provincia chega a este martes de Entroido co virus en clara recesión na práctica totalidade das localidades, agás en Guitiriz onde o gromo existente frea en 112 casos hoxe. Enturbian os datos da xornada catro falecementos.

Así, este martes os casos activos sitúanse en 1.129, que son 42 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 65.

Rexistráronse nas últimas 24 horas 34 casos novos (onte foron 35). Ademais, as altas chegaron ás 10.017, 74 en 24 horas, o día anterior foron 100.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.347 casos rexistrados e 195 persoas falecidas, catro máis que onte. Tres eran do centro de maiores de Sarria de 92, 85 e 94 anos, así como un varón en Lugo de 81.

A presión hospitalaria modérase por primeira vez en días. Nas UCI seguen 26 ingresados, todos no Hula pero descende a hospitalización en planta, con 50 persoas (11 menos), 31 no hospital de Lugo (7 menos), 5 na Mariña (4 menos) e 14 en Monforte (1 máis). O Polusa de Lugo volve quedar sen enfermos.

POR COMARCAS

A Mariña

Viveiro continúa reducindo a incidencia, xa con 28 casos, no resto normalidade.

  • Viveiro reduce 2 casos e son xa 28.
  • Burela segue con 11.
  • Barreiros e Lourenzá non teñen casos novos nos últimos 15 días.

Terra Chá

Guitiriz freou hoxe o aumento de casos pero segue estando moi alto, con 112 contabilizados. Vilalba segue reducindo a súa incidencia pouco a pouco como no resto de Concellos, agás Outeiro de Rei, que sumou 3 contaxios.

  • Vilalba continúa á baixa con 74 casos, 9 menos.
  • Guitiriz frea a subida de momento con 112 casos, un menos que onte.
  • Cospeito segue con 14.
  • Outeiro de Rei suma 3 para quedar en 13.
  • Castro de Rei baixa 1 a 14.
  • Pol e Xermade están sen casos novos nos últimos quince días.
  • No veciño Concello das Pontes reduce 6 casos e queda en 31.

Centro da provincia

Tendencia á baixa na comarca agás no Corgo que segue con moita incidencia malia non subir hoxe.

  • Lugo segue á baixa con 4 casos menos ata 282.
  • Palas de Rei reduce 2 máis e xa está en 13.
  • Guntín mantén 10 casos.
  • Castroverde ten un caso menos, 12 no cómputo total.
  • O Corgo reduce un ata 23.
  • Baralla volve ter 10 casos.
  • A zona da Montaña continúa con varios concellos sen casos nos últimos días como Negueira de Muñiz, Folgoso do Courel, Navia e Ribeira de Piquín. Tamén Antas de Ulla está nesta situación.

Comarca de Sarria

A comarca recupera a tendencia á baixa e suma tres novas defuncións.

  • Sarria reduce ata 27 casos,6 menos que onte.
  • Láncara reduce de novo 2 casos e xa son 12.

Ribeira Sacra

Estabilidade na comarca con tendencia á baixa en todos.

  • A vila de Monforte contabiliza hoxe 104 casos, 7 menos.
  • Quiroga chega no seu descenso a 10, tres menos que onte.
  • Taboada reduce 1 ata 13.
  • O Saviñao ponse xa por debaixo de 10 casos.
  • Pantón rebaixa 3 e queda en 11.
  • Pobra do Brollón reduce un máis e queda en 12.
  • Sober reduce tamén 1 ata 19.