Skip to main content
O Incio

Acondicionan os accesos a Carude e Rendar, no Incio

Por 6 Febreiro, 2021Sin comentarios

Traballos no acceso a Carude

O Concello do Incio vén de iniciar as obras de pavimentación dos viais que dan acceso aos núcleos de Cabude, na parroquia de Foilebar, e a Rendar. O alcalde, Héctor Corujo, achegouse ata o lugar de Cabude para supervisar o arranque dos traballos.

As actuacións contan cun orzamento de preto de 20.000 euros e enmárcanse no Plan Único de axudas aos municipios da Deputación.

Os Concellos están investindo máis da metade dos recursos destinados a este plan provincial en obras para mellorar servizos nos seus respectivos municipios, principalmente no acondicionamento de estradas locais, accesos a núcleos de poboación e pavimentación de vías públicas.