Skip to main content
O Incio

O Concello do Incio selecciona catro peóns de servizos múltiples

Por 15 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Concello do Incio ten aberto o proceso de selección para a contratación de catro peóns de servizos múltiples como persoal laboral temporal. Os contratos serán de xornada completa e terán unha duración de seis meses.

As bases desta convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello do Incio e na súa páxina web oficial, ademais de no BOP do día 13 de febreiro. Como requisito para optar a estas prazas, os aspirantes deberán atoparse en situación de desemprego ou de mellora de emprego, con independencia de que a xornada laboral sexa parcial ou completa.

As persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes ata o vindeiro sábado. O sistema de selección será o concurso-oposición. Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, a alcaldía ditará resolución no prazo de cinco días naturais.