Skip to main content
O Incio

Alumnos do obradoiro de emprego do Incio acondicionan a Ruta do Ferro

Por 22 Febreiro, 2021Sin comentarios

Os alumnos do obradoiro de emprego que promove o Concello do Incio, e que é compartido cos Concellos de Bóveda e A Pobra do Brollón, están a desenvolver estes días tarefas de acondicionamento de camiños rurais.

No caso do Incio, o obradoiro céntrase na conservación e mellora de sendas e camiños. Entre outras ubicacións están a traballar na Ruta do Ferro e na área recreativa de Saa.

O obradoiro de emprego conta un total de 20 alumnos e alumnas, que foron contratados na modalidade de contrato laboral para a formación e a aprendizaxe. Combinan formación teórica con formación práctica.

Alumnos do obradoiro de emprego