Skip to main content
Láncara

O concurso de Entroido de Láncara xa ten gañadores

Por 20 Febreiro, 2021Febreiro 21st, 2021Sin comentarios
A asociación cultural Val de Láncara vén de dar a coñecer aos gañadores do concurso de Entroido, que o colectivo levou a cabo a través das súas redes sociais e que contou coa colaboración do Concello.

Na categoría infantil, os gañadores son os nenos e nenas da Casa Niño da localidade coa comparsa ‘As pegadas máis enxebres’. Conseguiron un total de 825 ‘gústame’ no facebook da asociación cultural, e como premio terán un vale para mercar xoguetes na tenda Don Dino de Sarria.

Na categoría de adultos, o disfrace premiado é ‘A súper avoa dos Ancares’, cun total de 791 ‘gústame’. O autor poderá gozar dunha fin de semana no Hotel Oca Golf Balneario Augas Santas de Pantón.

Entre todos os participantes, os organizadores sortearon unha cea na Taberna Airexe de Muro, que foi para Diana Polido.

Desde a asociación cultural Val de Láncara agradecen a todos a súa participación neste primeiro concurso de Entroido virtual do municipio e emprázanos para o ano que vén.

Disfrace gañador na categoría de adultos