Skip to main content
O Páramo

Convocan dúas prazas de peón e unha de operario no Páramo

Por 26 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Concello do Páramo vén de iniciar o procedemento para a contratación de dous peóns de obras e un operario de servizos múltiples. Serán contratos temporais, no marco do Plan Único 2020, para a execución de obras e servizos mínimos obrigatorios de competencia municipal, e de interese xeral e social.

As bases do procedemento poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello e na súa sede electrónica.

O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles, contados desde o seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, que foi onte xoves, día 25.