Skip to main content
Samos

O BNG reclama que se convoquen plenos en Samos

Por 4 Febreiro, 2021Sin comentarios

O BNG de Samos reclama ao Concello a convocatoria de plenos ordinarios, despois de recibir un decreto da alcaldía polo cal se suspende a sesión ordinaria que se prevía celebrar este venres alegando que o salón de plenos non reúne as condicións de seguridade para a prevención da covid-19 e que non hai asuntos urxentes.

Os nacionalistas entenden que os plenos son “o medio para o control ao goberno e o órgano no que están representados todos os veciños” e por iso propoñen que sexa habilitado outro lugar para a celebración do pleno, ou mesmo que se faga de xeito telemático. Neste senso, lembran que a Deputación ofrece medios técnicos aos Concellos e alegan que o Concello de Samos “tivo un ano para adaptarse á nova situación”.

Consideran ademais que si que hai asuntos que deben ser abordados de xeito urxente pola corporación, como é definir as obras que se incluirán no plan único, xa que o día 12 remata o plazo.