Skip to main content
Sarria

A ITV móbil estará en Sarria ata a vindeira semana

Por 2 Febreiro, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

A unidade móbil da ITV está estes días en Sarria para facer as inspeccións técnicas a vehículos lixeiros. Está instalada no campo da feira, onde permanecerá ata o xoves día 11 de febreiro.

As revisións faranse de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas, agás este venres o o xoves día 11, que só se pasarán en horario de mañá.

Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.