Skip to main content
Sarria

Preguntan no Congreso polo proxecto do paso elevado do Mazadoiro, en Sarria

Por 8 Febreiro, 2021Febreiro 19th, 2021Sin comentarios

Ana Prieto e Javier Cerqueiro no barrio do Mazadoiro

A prevista construción dun paso elevado para peóns que comunicará o barrio do Mazadoiro co centro urbano de Sarria, centra a pregunta que os deputados nacionais do PSdeG-PSOE pola provincia de Lugo veñen de presentar no Congreso. En concreto, Ana Prieto e Javier Cerqueiro reclaman ao Goberno central información no que atinxe ao orzamento da obra, o calendario de licitación e a previsión de execución.

Os socialistas lembran que este paso elevado é “unha demanda histórica” dos veciños e veciñas do Mazadoiro, que levan anos reclamando a súa construción.

O peche da totalidade da parte frontal da estación de ferrocarril de Sarria limita e dificulta o acceso dos veciños do barrio ao centro da vila. Por iso, os deputados queren coñecer o orzamento da obra e o calendario previsto de licitación e execución, para que “a curto prazo” se inicie e remate a “tan necesitada” pasarela.

Para Ana Prieto e Javier Cerqueiro, a nova construción suporá “mellorar a seguridade dos residentes neste barrio de Sarria”, xa que “poderán salvar as vías da liña ferroviaria sen risco”.