Skip to main content
Sarria

Sarria eximirá aos hostaleiros do pago das taxas

Por 14 Febreiro, 2021Febreiro 15th, 2021Sin comentarios

O Concello de Sarria traballa na elaboración dun decreto polo que os establecementos de hostalaría e turismo do municipio quedarán exentos do pago das taxas de auga, saneamento e lixo durante o actual período de peche obrigatorio polas restricións da covid-19. A medida aplicarase desde o 27 de xaneiro e ata que se manteña a situación de peche obrigado.

Para poder acollerse a esta exención, os establecementos deberán solicitalo a través do formulario que o Concello habilitará na súa páxina web oficial, unha vez esté aprobado o decreto.

A exención nas taxas municipais súmase á que o Concello de Sarria xa anunciara anteriormente, en relación a que non se cobrará durante este ano pola instalación de terrazas, que poderán ampliarse ás zonas de aparcamento para favorecer o distanciamento social.