Skip to main content
Sarria

Queixas pola tala de árbores na rúa Castelao de Sarria

Por 15 Febreiro, 2021Febreiro 17th, 2021Sin comentarios

Veciños de Sarria quéixanse dunha tala masiva de árbores que se vén de levar a cabo na rúa Castelao da localidade.

A través das redes sociais, son moitas as persoas que están a amosar o seu descontento por unha actuación que consideran “indiscriminada” e mesmo un “atentado ecolóxico”.

Se ben, a tala destas árbores na contorna da rúa Castelao está a ter tamén os seus defensores que alegan, neste caso, que as árbores eran fráxiles e supoñían un perigo, especialmente por mor da posible caída de ramas en caso de temporais.

Desde o Concello de Sarria explican que a tala foi levada a cabo por un particular nuns terreos privados e cos permisos municipais correspondentes. Aseguran que había risco de caída de ramas e que ademais as follas obstruían o saneamento. Engaden ademais que a intención dos propietarios é plantar outro tipo de árbores na zona.