Skip to main content
Triacastela

A ITV agrícola fará revisións en Triacastela en marzo

Por 10 Febreiro, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

A unidade móbil da ITV estará en Triacastela desde o 16 ao 18 de marzo para realizar as revisións técnicas periódicas a vehículos agrícolas.

O servizo situarase na Praza do Concello, en horario de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas, agás o día 18 que só farán as inspeccións en horario de mañá.

Para pasar a revisión ao vehículo agrícola en Triacastela pódese solicitar xa cita previa, ben chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou ben a través da páxina web www.sycitv.com.