Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

A Uned organiza un curso on line sobre cambio climático

Por 1 Febreiro, 2021Sin comentarios

A Uned de Lugo organiza o webinar O Cambio Climático: Que é e que podemos facer nós para combatelo?.

Este webinar, gratuíto, está orgamnizado en colaboración con The Planet Appy e ByeCarbon e vai destinado a todos aqueles interesados en saber máis sobre como combater o cambio climático.

O prazo de matrícula xa está aberto e este realizarase en liña o 4 de febreiro ás 19:00 horas vía Zoom e
Youtube en directo.

O interese pola problemática ambiental ha estado no foco da sociedade cunha maior presencia estes últimos anos. Unha das causas con evidencia científica que está a incentivar o cambio climático son as emisións de gases de efecto invernadoiro que determinadas actividades humanas están a liberar á nosa atmosfera, provocando o quecemento global.

Pero que é o quecemento global e o efecto invernadoiro? Que é a pegada de carbono? Pódese combater o cambio climático a escala individual? Como?

Todas estas cuestións e algunhas máis serán contestadas durante o evento polos relatores Manuel Pinilla, Fundador The Planet App e Ignacio González- Blanch, Fundador de ByeCarbon.