Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Concellos da Mariña ilumínanse de verde contra o cancro

Por 3 Febreiro, 2021Sin comentarios

FOZ

Esta semana a fachada da casa do Concello de Foz lucirá en cor verde, conmemorando o Día Mundial contra o Cancro, que se celebra o 4 de febreiro.

Deste xeito, o Concello lembra “o gran labor que realiza a delegación local da Asociación Española de Loita contra o Cancro.

VIVEIRO

Pero non é Foz o único Concello que toma estas medidas. O Concello de Viveiro iluminará de cor verde esta noite e mañá a porta de Carlos V polo Día internacional da loita contra o cancro, expresando desta maneira o seu apoio ás persoas que teñen esta enfermidade e as súas familias 

En concreto, mañá celébrase o Día internacional da loita contra o cancro e Viveiro súmase así á iniciativa posta en marcha pola Xunta Provincial de Lugo da Asociación Española contra el Cáncer (AECC), co obxectivo de conseguir que todos os concellos da provincia se iluminen de cor verde como mostra de apoio ás persoas diagnosticadas con esta enfermidade.

“É importante concienciar á cidadanía da importancia de aumentar os recursos tanto no ámbito da prevención como das terapias, ademais de por suposto enviar unha agarimosa aperta ás persoas que a día de hoxe loitan contra esta enfermidade”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

CERVO

O Concello de Cervo mantén iluminados de verde durante esta semana os diferentes edificios públicos como símbolo de apoio a todas esas persoas que padecen ou padeceron un cancro, e ás súas familias.; con motivo do Día Mundial Contra o Cancro, que ten lugar cada 4 de febreiro.

En concreto ilumínanse de verde a Casa do Concello, as Escolas Vellas de Cervo, a fonte do parque Reina Sofía, as ruínas das fábricas de Salazón e a Praza da Casa da Cultura.