Skip to main content
Begonte

Begonte fai público o resultado do concurso de disfraces

Por 19 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Concello de Begonte fixo público o resultado do seu concurso de Entroido, que este ano realizouse vía on line en dúas categorías, fotografía e vídeo, para individual e burbulla en infantil e adulto.

Así, no grupo de fotografía, os premios infantís están encabezados por Palleiro, seguido de Bob Esponja de Uriz, Spiderman e a súa mascota, Fernando Simón e Atopamos un morcego en Gaibor. Recibirán premios entre 80 e 20 euros. No apartado burbulla un único gañador, de 120 euros, O pirata Cardoso e a súa mascota Cardosín na lagoa de Gaibor.

En adultos individual os premios foron para A Farta, A viúva viste para a ocasión, Avatar, A Moza de Perla de Saamil e O espantallo de Cardeite. Tamén recibirán premios entre 80 e 20 euros.

En audiovisual os premios en categoría individual infantil para Tarefas do rural Coidemos dos Avós, Pitufo Forzudo, A Camaleoa e Anubis. Os premios serán de entre 100 e 40 euros.

En adultos o gañador foi Cruella de Vil e os 101 anos, seguida de Top Ventas do ano 2020, Dígocho Eu, Unha Sota de moito raio e Cromañón na escola de múseca 42000 anos A.C. Os gañadores recibirán entre 100 e 25 euros tamén.

En categoría burbulla de audiovisual o primeiro premio foi para En Begonte reciclamos, seguido de O arco da vella, Desfile en Damil e O País das Marabillas. Recibirán estes grupos de conviventes entre 200 e 75 euros.

Finalmente concedéronse dous premios especiais de 50 euros para os que máis gustaron en redes sociais e foron para A dama da auga e La magia de ser… Sofía.