Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

O BNG de Castro propón que o SAF entre dentro dos grupos prioritarios de vacinación

Por 3 Febreiro, 2021Febreiro 4th, 2021Sin comentarios

O BNG en Castro de Rei propón que o Servizo de Axuda ao Fogar entre no programa de vacinación prioritario fronte a covid-19, xa que estas traballadoras e traballadores prestan servizos de benestar e coidados en persoas maiores.

O Bloque en Castro de Rei presentará no vindeiro pleno esta proposta para que a corporación municipal inste á Xunta de Galiza a que adopte esta medida, a cal recoñece a súa labor e garante un entorno seguro para todas as persoas usuarias.

A portavoz municipal e concelleira da formación, Digna Lagarón, sinalou que “ é fundamental que o SAF acceda á vacina de forma prioritaria, son un servizo esencial que prestan un traballo semellante ao das residencias pero nos domicilios das persoas usuarias”

Neste sentido, a concelleira sinalou que a quenda de vacinación programada pola Xunta de Galiza do SAF non sería até o mes de marzo, no que fixo fincapé en que “este servizo é igual de importante que o asistencial das residencias ou o sanitario, están na primeira liña de acción para a prevención do virus coidando da nosa xente maior, que son o grupo de risco máis importante, e non deberían esperar até marzo”