Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Friol fai balance do traballo realizado en servizos sociais

Por 1 Febreiro, 2021Febreiro 3rd, 2021Sin comentarios

O servizo de axuda no fogar do Concello atende a mais de 150 familias do municipio.

Dende os Servizos Sociais do Concello de Friol foron atendidas algo máis de mil persoas, realizando unhas 200 tramitacións. Cabe destacar as 53 solicitudes de recoñecemento da dependencia e 19 solicitudes de valoración de discapacidade realizadas por este servizo.

Durante o año 2020 foron atendidas un total de 150 familias a través do Servizo de Axuda no Fogar, con 30.900 horas recibidas nos domicilios das persoas usuarias. Estes datos reflexan que foron 24 familias atendidas e 900 horas máis que no ano 2019 e case 4.000 horas máis que no 2018.

Este servizo é prestado polo Concello de Friol a través de unha empresa externa, con máis de trinta auxiliares, todas elas mulleres, que foron as encargadas de executar este programa, tanto na modalidade de Dependencia como de Libre Concorrencia.

O alcalde, José Ángel Santos, indica que o Concello “está e estará ó carón dos máis desfavorecidos e necesitados, neste caso, cos maiores con grao de dependencia do municipio, de aí o gran esforzo que supón para o Concello que cada ano se consiga incrementar as horas de atención de dito servizo, un servizo prioritario para o Equipo de Goberno coa única finalidade de que os nosos maiores teñan unha calidade de vida digna, como merecen todos eles”.

Do total das 150 persoas beneficiarias do servizo, tan so 11 teñen unha idade inferior aos 65 anos. Outro dato a ter en conta é que 30 de elas viven soas nos seus fogares, polo que este servizo é de vital importancia para as mesmas. O número de mulleres que dispón de este servizo segue sendo moi superior ao dos homes, sendo 101 e 49 respectivamente.

PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA

Outro servizo do que poden desfrutar os veciños e veciñas de Friol é o Punto de Atención á Infancia, o cal ten capacidade para 21 nenos e nenas, cubertas as prazas na súa totalidade no pasado curso 2019-2020.

Como novidade destacada, desde o mes de setembro, existe un novo servizo de Atención Temperá, financiado pola Consellería de Política Social e promovido polos Concellos de Friol, Begonte, Rábade, Guntín e Palas de Rei. É un servizo gratuíto para as familias de estes cinco municipios. Poderán acceder ao mesmo as nenas e nenos de ata 6 anos, que presenten algún tipo de trastorno da fala, psicomotricidade, psicolóxico, etc. Esta unidade, na que traballan catro profesionais (psicóloga, terapeuta ocupacional, logopeda e enfermeira), está situada na segunda planta do Centro Sociocultural do Concello de Friol. Nos tres meses de funcionamento no ano 2020 foron atendidos 31 nenos e nenas.

O alcalde insiste en que “todos estes servizos son de gran importancia para as familias de Friol, xa que supoñen unha considerable mellora na calidade de vida dos habitantes do municipio, e facilitan a conciliación da vida familiar e laboral dos familiares que conviven cos mesmos, polo que dende o Equipo de Goberno seguiremos traballando para que estes servizos se manteñan e incluso melloren cada día”