Skip to main content
Axenda Caducada

Cancelada a feira mensual de Friol de febreiro

Por 2 Febreiro, 2021Febreiro 28th, 2021Sin comentarios

Á vista das medidas adoptadas pola Consellería de Sanidade, que contemplan entre outras, peche perimetral de todos os Concellos e limitación de reunión de persoas a convivintes, estímase conveniente a suspensión da Feira Mensual do próximo domingo 7 de febreiro.

As seguintes feiras quedarán supeditadas ás medidas que a Xunta de Galicia adopte no sucesivo ao respecto.
Dende o Concello de Friol recórdase a toda a poboación que deben adoptar todas as medidas de protección establecidas polos organismos oficiais.