Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

O Concello de Friol distribúe material de protección entre os veciños

Por 11 Febreiro, 2021Sin comentarios

Entrega de material

Por segunda vez dende que se iniciou a pandemia, o Concello fai entrega de material de protección nas propias casas de todos os seus veciños, nesta ocasión a poboación adulta de Friol recibirá un kit composto por dúas máscaras FFP2 xunto cos correspondentes soportes de protección, ao mesmo tempo distribuín outro kit individual de tres máscaras FFP2 para nenos.

O equipo de Goberno continúa coa folla de ruta establecida no comezo desta pandemia, neste sentido, habilita unha partida presupostaría con un importe de 8.000 euros para adquisición de material de protección, poñendo unha vez máis a disposición da súa poboación, cun único obxectivo, axudar a manter protexidos os veciños e manter o virus illado o máis lonxe posible do municipio.

Segundo o alcalde, José Á. Santos, a distribución do devandito material é realizada polos membros do equipo de mantemento e protección civil do propio Concello, de forma segura e cos medios adecuados para protexer aos propios traballadores que proceden á súa entrega por todo o territorio do municipio. Deste xeito tamén se evitan os movementos innecesarios dos veciños para conseguir este material de protección, xa que o recibirán nas súas propias casas e totalmente gratuíto.

O alcalde volve pedir a toda a veciñanza que sigan cumprindo as medidas sanitarias, que cumpran escrupulosamente as restricións impostas polas autoridades sanitarias e que non se expoñan de xeito innecesario, volve apelar ao sentido de responsabilidade que todos os veciños do municipio exerceron durante estes últimos meses, tamén subliña e valora que grazas á implicación de todos os veciños cumprindo as medidas recomendadas polas administracións, Friol foi, e é hoxe, un dos concellos con menor incidencia da Covid19, polo tanto , espera e desexa que o bo comportamento dos seus veciños obteña o merecido premio, que non é outro que manter o virus fóra do noso municipio.