Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Friol súmase ao Amazon Rural

Por 25 Febreiro, 2021Febreiro 27th, 2021Sin comentarios

O Concello de Friol será o primeiro da provincia en pasar a formar parte do proxecto coñecido como Amazon Rural.

O proxecto ten a súa meta na unión entre a plataforma compraenfriol.com, que o Concello impulsou ao comezo de esta pandemia sanitaria, e o portal de ventas ruralsell.com. Isto é unha realidade que aglutinará comercios e empresas do municipio.

Os locais comerciais de Friol xa dispoñen dunha plataforma dixital centralizada para os seus negocios. Agora trátase de abrir un mercado dixital no que poderán ampliar as súas expectativas, e unha gran axuda para facer fronte á difícil situación que atravesan en estes momentos.

Dende o equipo de Goberno resaltan a importancia do proxecto, porque como di o alcalde José Ángel Santos “non estar nas plataformas dixitais equivale a non estar presente para moitos posibles clientes”.

O presidente da asociación Envaco, José González, asegura que “este mercado dixital funciona igual que Amazon, é unha única tenda formada por diferentes tendas. Permite ofertas, é dicir modo subasta, onde o consumidor espera poder encontrar unha oferta online variada”.

O funcionamento da web é moi sinxelo e animan a todos os comercios locais a adherirse a esta iniciativa para aproveitala ao máximo. “Sobre todo en esta situación na que os mercados físicos teñen as súas restricións debido á covid-19”.

Segundo o alcalde, este proxecto súmase ao xa lanzado polo Concello de Friol no mes de abril do pasado ano, compraenfriol.com, “e deste modo amplíase a presencia no mundo dixital dos comercios e empresas de Friol, dando valor a unha iniciativa punteira como é o actual portal do Concello que será complementado con esta iniciativa”.

Cada autónomo, empresa, comercio adherido ao proxecto terá unha tenda virtual individual, un espazo de hosting con correo, un subdominio ou dominio do negocio, unha integración de TPV de pago online, asesoramento inicial, curso formativo con primeiros pasos de uso, micro-tenda na web de comercio Global Ruralsell, descontos e accesos a axudas para a reactivación e dixitalización, apoio á creación de StartUps e emprendedores.

Esta iniciativa lévase a cabo en aras de un comercio rural unido que poida facer fronte ás grandes plataformas de venta online existentes.