Guitiriz

Preparan a nave do Senpa en Guitiriz para facer a pista de pádel

Por 2 Febreiro, 2021Febreiro 3rd, 2021Sin comentarios

O pasado xoves, 28 de xaneiro, o Concello de Guitiriz aprobou, cos votos a favor do PSOE e BNG e a abstención do PP, a adaptación dos usos da nave e de dúas parcelas do Senpa no Pxom, que entrou en vigor o pasado mes de novembro.

Tras a aprobación e unha vez adaptado ao Pxom, crearase unha pista de pádel na nave do Senpa, que reponderá ao crecente interese por esta práctica deportiva por parte dos veciños e veciñas de Guitiriz.

Coa entrada en funcionamento do novo Pxom, a modificación realizada no seu momento, dado que se refería ao planeamento vixente con anterioridade, quedou sin efecto, e polo tanto, requiriu dunha adaptación á nova normativa.

En concreto, esta intervención financiarase cunha partida de 100.000 euros procedentes dos fondos do Plan Único da Deputación do ano 2020.

A alcaldesa, Marisol Morandeira, destacou que “o Concello disporá de solo para facer novos investimentos en equipamentos deportivos, sociais ou culturais. Será unha zona deportiva e cultural que responde ás necesidades e intereses da nosa veciñanza”.