As escolas deportivas non paran en Guitiriz. A dirección das escolas decidiu continuar a formación de xeito virtual debido á progresión da pandemia en toda Galicia, que obrigou tamén á suspensión de todo o deporte federado.
Así, as escolas deportivas de Guitiriz optaron por un formato en liña, formato que se manterá durante o tempo que permanezan activas as actuais restricións sanitarias para poñer freo á covid, e máis agora co gromo detectado no municipio.