Skip to main content
Guitiriz

O pavillón de Guitiriz xa leva o nome de Jonathan Carro

Por 14 Febreiro, 2021Febreiro 15th, 2021Sin comentarios

O pavillón do Concello de Guitiriz xa ten o nome de Jonathan Carro Paz, tal e como se acordou por parte de todos os grupos en Pleno e tras modificar a normativa para as distincións durante o ano pasado.

Jonathan Carro formou parte das Escolas Deportivas Municipais, das que mesmo foi profesor, e foi premiado polo Concello de Guitiriz na Gala do Deporte do 2012.

Deixou un moi bo recordo entre a veciñanza, motivo polo cal se decideu homenaxealo tralo seu falecemento.