Skip to main content
Muras

Organizan un curso de informática para maiores en Muras

Por 25 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Concello de Muras organiza un curso básico de informática dirixido a persoas empadroadas e que sexan maiores de 55 anos.

O curso consistirá en sesións nas que se darán aos participantes unhas nocións sinxelas para que poidan realizar trámites informáticos básicos, como pode ser a solicitude de citas previas en diversos organismos públicos ou mesmo facer solicitudes entregando documentación a través da sede electrónica do Concello.

As clases serán presenciais, pero impartiranse cumprindo con todas as medidas de seguridade e con grupos reducidos de dúas persoas.

Impartirase dous días á semana, en horario de mañá con horarios que se darán a coñecer unha vez que se deseñen os grupos.

A inscrición pode formalizarse chamando ao Concello no número 982 500 001, ou a través da dirección de correo electrónico cristina.martinez@muras.gal.