Skip to main content
A Pastoriza

A Pastoriza continúa co labor de roza en zonas verdes

Por 19 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Concello da Pastoriza continúa cos seus traballos de limpeza e saneamento de diferentes puntos do termo municipal. Así, durante os últimos días fixéronse varios apaños en distintos puntos como a limpeza e roza do campo da festa de Fonmiñá, parque ao lado da estrada nacional en Fonmiñá, fonte de Penacorveira, en Pousada, fonte da igrexa de Pousada, canal no camiño da Igrexa en Lagoa, arredores da igrexa en Lagoa, etc.

Por outra banda, tamén rematou o traballo de retirada de plásticos agrícolas (silos) das distintas explotacións gandeiras do Concello que o solicitaron.