Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Pol renderá unha homenaxe en agosto a José Ramón Ónea

Por 9 Febreiro, 2021Febreiro 13th, 2021Sin comentarios

José Ramón Ónega co alcade de Pol, Lino Rodríguez

O alcalde de Pol, Liño Rodríguez, confirmou que o Concello tributará unha homenaxe póstuma a José Ramón Ónega, fillo adoptivo da localidade e recentemente falecido en Madrid a causa da covid.

A homenaxe realizarase, en principio, no mes de agosto, dependendo de como evolucione a situación sanitaria ata esa data.

José Ramón Ónega, de 81 anos e fillo adoptivo de Pol, faleceu o domingo en Madrid vítima da covid, onde era o delegado da Casa de Galicia.

“Nin que dicir ten que José Ramón era unha persoa moi próxima ao Concello, nós tiñámoslle nunha alta estima e practicamente todos os veciños”, subliñou o rexedor. De feito, participou en numerosas iniciativas culturais e deportivas que se levaron a cabo no Concello e era un visitane habitual na vila, en especial nos veráns.

Jopé Ramón Ónega foi gobernador civil de Zamora e de Vizcaya e ocupou altos cargos do Ministerio do Interior.