Skip to main content
As Pontes

“Os técnicos seguen defendendo que ten viabilidade económica”

Por 14 Febreiro, 2021Febreiro 23rd, 2021Sin comentarios

Ana María Pena Purriños é concelleira de Industria nas Pontes.

Como é posible que se valoren de forma tan diferente os datos das probas con biocombustibles?

No momento no que Endesa pon de manifesto a intención de deixar a planta das Pontes sae á luz a posibilidade dunha actividade alternativa coa incineración de biocombustibles. Se forma un comité técnico, onde se inclúen tres técnicos que representan a cada unha das administracións involucradas, a Xunta de Galicia, o Ministerio de Transición o propio Concello e os técnicos de Endesa.  O que se acorda nesta mesa técnica é avaliar conxuntamente esa alternativa de incineración de biocombustibles na central térmica así como as probas que se ían facer para estudar a viabilidade. Unha vez que rematan as probas Endesa sáltase o procedemento xa que antes de saír a facer público o informe tiña que ter pasado pola mesa técnica, onde tamén están presentes as administracions. Así, o que fixo foi presentar as súas valoracións individuais, que non foron consensudas co resto dos técnicos. Endesa pon de manifesto que hai distintas circunstancias que fan inviable técnica, económica e medioambientalmente a incineración de residuos na central pero é unha opinión que non é compartida polos técnicos das administracións que seguen defendendo esa viabilidade existe. E que se hai algún parámetro que actualmente non se cumpre son cousas sinxelas de solucionar que requiren dunha inversión mínima. Chegados a este punto, volvéronse sentar na mesa co comité técnico, evaluaron as posicións e agora Endesa ratificou que a parte ambiental que amosan os técnicos das administracións pode ser salientable, pero no resto entende que non. Como as adminsitracións presentamos uns proxectos de viavilidade, acordouse  facer unha valoración económica deste proxecto e si economicamente  é viable, Endesa comprometeuse a poñelo en marcha ou facilitar que se poida buscar outro operador que o poña en marcha.

En que punto estades agora?

O que estamos facendo agora é rematar a valoración ecónomica desta proposta. Ver si na reunión entre todas as partes se demostra e conclúe esa viabilidade económica ou non, que loxicamente existe esa posibilidade.

Como valorades a contraoferta de facer unha planta de hidroxeno?

Nós, loxicamente todo o que sexa actividade industrial para o municipio a valoramos  de forma positiva. Non é unha contraoferta en si, quedou claro na mesa de transición xusta, que tanto por parte do Ministerio como da Xunta de Galicia, como polo Concello, tamén Endesa o ratificou de que se vai seguir estudando a viabilidade da central térmica e que o proxecto de hidroxeno, se se demostra a viabilidade económica, será complementario.  Ao final, a incineración de biocombustibles, somos conscientes de que moi dificilmente vai chegar a cubrir o cen por cento da actividade que tiña a central térmica de carbón. Entón, paliar o cese de xeración eléctrica con carbón require de varias actuacións complementarias. A planta de hidróxeno, con boas noticias, podería ser para nós unha actividade complementaria. Quero dicir que non é condicionante. Se finalmente a actividade con biocombustible non é viable non é condicionante para que proxecto con hidróxeno tamén saia adiante.

Estades loitando para que non se marche Endesa, sería un golpe forte para a economía do Concello?

Para o Concello, aparte de economicamente, (un tercio do orzamento municipal vén derivado da actividade da central térmica de Endesa), loxicamente é un pau importante en varios frontes, por un lado, na parte económica, na que depende os propios presupuestos municipais e polo tanto dos servizos que se poden prestar aos vecinos e veciñas do municipio; e por outra parte na economía e no ámbito laboral dos veciños das Pontes e dos concellos limítrofes. É un pau importante  porque hai, agora mesmo, preto de 200 persoas que teñen a súa actividade laboral nas auxiliares de Endesa, hai 150 transportistas tamén vinculados con transporte do carbón e ademais está a plantilla directa. Se ben é certo que Endesa non plantexa despedimentos, serían trasladados a outros territorios, co cal, tamén sería un  impacto importante, tanto no ambito poboacional como económico  para  a vila. Todo esto leva aparellado unha parte de perda económica que se traduciría no comercio, na  hostelaría, etc.. e que redunda no só no municipio das Pontes senón tamén en moitos municipios da contorna.

Que lle di o Concello á empresa?

Dende o Concello, entendemos que Endesa ten que ofrecer alternativas, que todas as alternativas industriais son ben acollidas e todos aqueles proxectos que poidan ser postos en marcha nas Pontes van ser apoiados.