Skip to main content
As Pontes

Traballadores das auxiliares de Endesa bloquearon a entrada á central

Por 24 Febreiro, 2021Sin comentarios

Traballadores da industria auxiliar de Endesa nas Pontes volveron facer visible a súa situación cunha acción sorpresas sobre as cinco e media da madrugada, co bloqueo do acceso á central. Este peche prolongouse boa parte do día, ata que acordaron un encontro con representantes da compañía para abordar a súa situación.

Xa vai para un mes que estes traballadores manteñen un peche nas instalacións da central, e esta foi unha acción para dar conta da protesta que levan a cabo todos os días e que ten por obxecto esixirlle á empresa que se sente a negociar e lles ofreza garantías de emprego e un plan de futuro.

O acto reivindicativo consistiu na queima de pneumáticos no novo acceso á térmica e ao ciclo combinado, o que mobilizou aos bombeiros e á Garda Civil, que solicitou os datos dalgúns dos presentes.

Esta acción tiña como obxectivo paralizar a actividade na central impedindo o paso.

Desde Endesa insistiron unha vez máis en que o emprego da industria auxiliar está garantido ata o 1 de xullo, momento no que, se se confirma a solicitude de peche, a térmica deixará de operar. A partir de entón iniciaríase o proceso de desmantelamento, que se prolongará durante catro anos e xerará uns 130 empregos.

O inicio do corte da estrada de acceso á central de Endesa durante a madrugada