Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

Riotorto presenta o plan de obras para este ano

Por 23 Febreiro, 2021Febreiro 24th, 2021Sin comentarios

A Xunta de Goberno Local do Concello de Riotorto deu luz verde a aprobación de varios proxectos de acondicionamento e mellora de accesos a núcleos rurais municipais e de ampliación de redes de saneamento.

Así establécense melloras para os camiños cunha capa de aglomerado en quente de 5 cm que afectará a varios accesos como o barrio de Lorigados desde Ermida (Espasande de Abaixo) cun orzamento de 32.400 euros; a Vilaseca (3 tramos) e Ferreiravella (acceso principal) cun orzamento de 51.643 euros; ao cementerio, explanada e acceso en Santa Marta (Torre do Moro) cun orzamento de 51.361 euros; entre Vilar de Meilán, Ramal e Espasande de Arriba, cun orzamento de 74.358 euros, e o barrio de San Pedro e Ramal desde Mundín, cun gasto de 47.694 euros.

Además tamén se fará a mesma mellora nas vías que van desde estrada Deputación a Pouxaneiro por debaixo das cuadras de Simón e Cachapelo; no lugar de Granxas (Ferreiravella), que vai a casa de Daniel desde a estrada provincial, e en Villarín a vía que dá acceso a Sat Mundin. Estas  3 pistas teñen un orzamento de 50.000 euros.

Tamén aglomerarase a estrada que vai desde Abelleira (Santalla) a Lamas (Vilaseca) cun orzamento de 43.500 euros; a estrada desde curva Teixeiro a barrio de Aldea (Espasande de Abaixo) cuio proxecto ascende a cantidade de 45.000 euros, e a estrada desde Espasande de Arriba a Bretoña pola Ladaiña cun importe de execución de 172.000 euros.

Pero ademais destes aglomerados o Concello anunciou outras obras a realizar este ano como a ampliación da rede de saneamento no lugar de Lamas (Vilaseca), na que se van a investir 35.700 euros, ou a mellora da rede de saneamento municipal en Mundín e Hortobello, cun orzamento de 49.900 euros

Estas obras serán financiadas en parte con cargo o Plan Único da Deputación, outras con cargo o Fondo de Compensación, outras a través de diversos convenios e axudas solicitadas coa Xunta de Galicia e a través de fondos propios municipais.

Estas obras, demandadas polos veciños, despois de diversas reunións veciñais, “consideramos que mellorarán a calidade de vida dos cidadáns e fixarán poboación no rural, xa que son servizos básicos”, di o alcalde, Clemente Iglesias.

“Esiximos a Deputación provincial que cumpra as súas promesas de sacar a licitación a obra do Polígono Industrial e o acondicionamento inmediato da estrada LU-P-4404 que vai desde o Casco Urbano a Aldurfe pasando polo Teixeiro e Espasande de Arriba”, engaden.