Skip to main content
Vilalba

Baamonde recibe dúas sentenzas favorables á súa xestión como alcalde

Por 12 Febreiro, 2021Sin comentarios

Agustín Baamonde, ex alcalde de Vilalba

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia fallou a favor do Concello vilalbés no conflicto do contrato da auga municipal e estima no recursos de apelación que foi correcta a cuantificación do canon marcado, polo que a administración local non terá que devolver a Espina Delfín, a concesionaria do servizo e demandante neste proceso, os 335.000 euros que reclamaba.

O voceiro popular, Agustín Baamonde, que ocupaba a Alcaldía cando se produxo a denuncia, fixo unha valoración moi positiva da sentenza “dando a razón ao Concello e por extensión ao anterior equipo de Goberno, polo que agora quedan liberados preto de 400.000 euros que poderán ser destinados a obras.

Así, o agora concelleiro propón que estes cartos se destinen tamén a solucionar problemas no abastemento. Así, propoñen que se dote precisamente deste servizo ao barrio de Vilate, pertencente a Lanzós.

Ademais, tamén solicitan ao equipo de Goberno que remate o alcantaillado nos barrios de Guadalupe e O Xisto, en Sancovade. Segun explica Agustín Baamonde a obra está a medio facer. Na anterior lexislatura colocaron a tubaxe pero queda o remate da obra que consistía en facer unha depuradora para verter ao río. O proxecto tamén está feito polo que propón destinar os 192.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental a esta obra de alcantarillado. “De feito é esta precisamente a función que sempre defenderon cando estaban na oposición, que estes fondos fosen para o rural”, engade.

Así mesmo, Baamonde recibiu tamén a notificación do TSXG da finalización doutro pleito interposto no seu tempo como alcalde pola aplicación da Lei do Solo, na que se impediu a unha edificación hostaleira preto do río convertise nunha vivenda particular e tamén a outra vivenda en Insua.

“Agora demóstrase que a Lei é complexa e é necesario seguila ao pé da letra. Esta é a primeira vez que chega ao alto tribunal a disposición adicional terceira da lei e é un gran respaldo á xestión do departamento de Urbanismo, que sempre foi rigoroso co seu traballo”.

PLENO. Na celebración do Pleno o Partido Popular conseguiu a aprobación unánime da moción na que se pedía un plan de axudas para o sector da hostalaría e o comercio locais pero non logrou sacar adiante a súa reprobación á concelleira de feiras e mercados  por “desleixo e deixamento das funcións” no relativo á organización da Feira do Capón deste ano. O outro partido na oposición, Vilalba Aberta, non se sumou á moción nun pleno moi tenso no que houbo que deixar temas para o seguinte.