Skip to main content
Vilalba

Os radioaficionados de Vilalba promocionan o queixo San Simón

Por 28 Febreiro, 2021Sin comentarios

A Unión de Radioaficionados (Ure) de Terra Chá desenvolverá dende mañá unha actividade para promocionar o queixo da Denominación de Orixe Protexida (DOP) San Simón. A intención é prolongala os días 1, 2 e 3 de marzo, entre as 10.00 e as 23.00 horas.

A actividade consistirá en que as estacións da Ure farán unha chamada co código Queixo San Simón QRZ? e quen responda recibirá dous números, por día, para entrar no sorteo de tres lotes do produto o día 4.

Os interesados en ter máis información, poden poñerse en contacto por mail con ureterracha@gmail.com.