Skip to main content
Xermade

Roteiros da Carba elabora unha guía sobre a ruta do Batán

Por 22 Febreiro, 2021Sin comentarios

A Asociación Roteiros da Carba de Xermade vén de publicar una guía sobre a ruta do Batán de Folgoso, unha iniciativa singular coa que se pretende dar pulo a este tramo natural do termo municipal de Xermade que se adentra tamén en Muras.

A iniciativa xurdiu por parte de Antonio Riveira, presidente desta entidade, que publicou un artículo na revista Hume que soubo a pouco e así comezou o estudo dos distintos enclaves que se poden ver nesta ruta.

Como el mesmo explica, “a ruta ten moito que ver e visitar e tamén moito do que aprender”.

A súa importancia histórica quedou patente cos traballos que se están a facer de recuperación. Como explica Riveira, “dende que comezamos a dar a coñecer esta ruta, xa se fixo unha recuperación de parte dos edificios, de feito colaboramos precisamente nesta cesión financiada polas administracións”.

Riveira lembra o momento no que se fixo unha escavación arqueolóxica buscando carboeiras do século pasado “e atopamos carboeiras dos romanos, apareceron escorias de ferro antigas o que dá relevancia ao interese da ruta”.

Ademais do traballo do carbón, nesta zona destacan as plantas da luz, “a primeira enerxía que se obtivo na zona”, ademais dos muíños fariñeiros, de moita antigüidade. De feito, Riveira destaca o grupo de casas de Orxás, dos que tamén se fala na guía, “orxo é cebada e o nome fai relevancia á abundancia deste cereal na zona”. Finaliza subliñando que o batán “é algo singular, dos que quedan poucos na nosa xeografía”.