Skip to main content
Xermade

Xermade convoca un concurso de fotografía polo Día da Muller

Por 26 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Concello de Xermade convocou o concurso de fotografía MuXer: Muller en Xermade, que se organiza con motivo da celebración do 8 de marzo.

A temática dos traballos enviados deberá xirar sobre escenas da vida da muller xermadesa, transmitindo unha participación activa das mulleres na sociedade e promovendo a igualdade.

Os interesados en participar deberán enviar un máximo de 3 fotografías por persoa por whatsapp ao 678 744 178 indicando nome, número de de DNI, título das fotos e certificado de conta ou recibo bancario. Só está aberto ás persoas empadroadas neste Concello.

O prazo de presentación remata o mesmo 8 de marzo e entre todas escolleranse tres que recibirán, respectivamente, 300, 200 e 100 euros de premio.