Skip to main content
Axenda Caducada

Trabada súmase tamén ás concentacións no Día da Muller

Por 6 Marzo, 2021Marzo 8th, 2021Sin comentarios

O Concello de Trabada conmemora o Día da Muller cunha concentración o luns, 8 de marzo, ás 12h na Praza do Concello, na que se fará a lectura dun manifesto.

As melloras políticas e normativas son fundamentais para avanzar, pero para a igualdade real é imprescindible a vontade social de cambiar as cousas.

“É neste momento, precisamente, coas restriccións de mobilidade da pandemia, cando moitas mulleres peor o están a pasar, por ter os seus agresores preto. Dende que se empezaron a recopilar datos no ano 2003, son máis de 1.080 o número de mulleres asesinadas por violencia de xénero. É polo que non se explica que haxa partidos políticos que pidan que se sustitúa a lei de violencia de xénero mentras siguen matando as mulleres polo feito de selo e cando o obxecto da mesma é establecer medidas de protección integral para previr, sancionar e erradicar a violencia machista e prestar asistencia ás mulleres e aos fillos menores víctimas desta violencia”, explican dende o Concello.