Skip to main content

Por Lorena Maradona

A neuropsicoloxía é una disciplina que une a neuroloxía e a psicoloxía. Estudia os efectos que unha lesión, dano ou funcionamento anómalo nas estructuras do sistema nervioso central causa sobre os procesos cognitivos, psicolóxicos, emocionais e da conducta. Entendemos as funcións cognitivas como as capacidades superiores do noso cerebro que nos permiten percibir adecuadamente o entorno, prestar atención, recordar feitos, realizar movementos coas mans, planificar o día a día, razonar, falar e comprender… Polo tanto estudia as bases neuronales de procesos mentales complexos como a atención, a memoria, a linguaxe, a percepción, funcións executivas, praxias e emocións. Esta disciplina sufriu un importante desenvolvemento nos últimos 20 anos debido ó maior coñecemento adquirido sobre o funcionamento do cerebro humano e os avances nos procesos de rehabilitación do dano cerebral adquirido.

O neuropsicólogo realiza unha avaliación das capacidades cognitivas co fin de saber que aspectos concretos están fallando e cales están ben, que funcións están conservadas e cales están afectadas e deben ser rehabilitadas. Partindo desta avaliación o profesional determina o  plan de intervención individual que se debe levar a cabo en coordinación con outros profesionais como os fisioterapeutas, os logopedas, os terapeutas ocupacionais…Así poderase plantear un programa de rehabilitación e traballar para mellorar aquelas funcións que quedaron danadas ou non se desenvolveron a niveis esperables para a idade.

¿Cales son os ámbitos da neuropsicoloxía? Os máis habituais son os seguintes:

*Dano cerebral adquirido: dentro deste apartado encontramos persoas que sufriron un golpe na cabeza (traumatismo craneoencefálico) ou que sufriron un ictus (accidentes cerebrovasculares) ou tumores cerebrais.

*Demencias: quizais sexa un dos ámbitos mais coñecidos pola importancia que adquiriu a enfermidade de Alzheimer. Xeralmente o neuropsicólogo está nos centros de personas maoires, en centros de día, pero tamén pode encargarse da rehabilitación en centros de psicoloxía privados.

*Enfermidades neurodexenerativas: todas aquelas enfermedades do sistema nervioso que producen un declive nas función cognitivas como por exemplo a enfermidade de Huntington ou a esclerose múltiple.

*Dificultades da aprendizaxe: cada vez son máis sensibles as dificultades que xurden nas etapas escolares e trabállase sobre dislexias, hiperactividade, dificultades no cálculo mental ou acalculias…

¿Que fai un neuropsicólogo? En primeiro lugar realiza avaliacións neuropsicolóxicas. Son esenciais para coñecer se existe un dano cerebral nun paciente. Nelas utilízanse test que analizan la intelixencia, a memoria, a atención, a linguaxe entre otros moitos aspectos.

Encárgase tamén da neurorrehabilitación ou estimulación cognitiva global, adicándose a recuperar, compensar ou optimizar as funcións cognitivas deterioradas, algo imprescindible para recuperar ou mellora a calidade de vida do paciente.

Se queres valorar ou avaliar as túas funcións cognitivas ou dalgún familiar podes poñerte en contacto comigo a través da páxina web www.maradonapsicolos.es, a través do mail info@lorenamaradonapsicologia.es ou do teléfono 604086408.