Skip to main content
Foz

O Concello de Foz fará melloras na área recreativa de Malates

Por 9 Marzo, 2021Marzo 11th, 2021Sin comentarios

O Concello de Foz ten previsto acometer melloras na área recreativa de Malates para intentar paliar na medida do posible o mal estado no que se atopa actualmente a zona.

Segundo indican dende o Concello, nesta zona natural, que está situada á beira do Camiño do Cantábrico, hai varias mesas de madeira deterioradas ao igual que os paneis informativos. A intención é que esta zona volva estar en condicións de recibir visitantes.

Pero non será esta a única zona verde na que se vai actuar xa que tamén teñen previsto melloras en dous parques infantís: o de Uxío Novoneyra e o do Paseo de Colón.