Skip to main content
O Vicedo

Aprobado no Vicedo un orzamento de case 2,9 millóns de euros

Por 8 Marzo, 2021Sin comentarios

O Concello do Vicedo aprobou os orzamentos para o próximo ano, que ascenden a 2.890.000 euros, “os máis elevados dos últimos anos”, segundo indicou o alcalde, Jesús Novo.

Os orzamentos saíron adiante cos votos a favor do equipo de Goberno e a abstención do PSOE.

Do custe total do orzamentos, destacan o 1.029.750,35 euros que se destinarán a investimentos reais, uns cartos que posiblemente aumentarán xa que o Estado permite usaro o remanente de tesourería.

Dentro dos orzamentos hai reservados 50.000 euros para axudas á hostalaría e outros sectores prexudicados pola pandemia e está en estudo non cobrar as taxas de lixo e auga.

Tamén a pandemia motivou a retirada dos cartos previstos para festexos. Quedan reservados eso sí, 10.000 euros do Plan Único para a Romaxe Viquinga sempre que esta poda celebrarse, pero si non é así os cartos irán para promoción turística.

No capítulo de investimentos, o Concello do Vicedo ten prevista a renovación de alumeados coas axudas do Idae. En principio reservaron 198.219 euros para Rosalía de Castro e Baltar, e outros 134.337 para Creximil, Penela, Humeiros, Folgueiro, Pontide, Ruño, Casas Baratas, praia de Abrela, San Román e O Vilar.

Así mesmo, está prevista a renovación da Travesía da Mariña, a zona dos colexios e a rúa Luciano Pérez, todo isto cun orzamento de 116.796 euros procedentes de fondos propios mentres que o Idae aportará 101.543 para Triscornia y Folgueiro.

A renovación do alumeado se fará tamén en Os Corgos, nesta ocasión con cargo ao Plan Único, por valor de 26.947 euros, e se instalaran puntos de luz en Peón e A Pena cun investimento de 43.583 euros, coa axuda da Xunta. Tamén haberá cambios no paseo de Moledos, que contará con farolas solares grazas a outra subvención de 44.716 euros.

ESTRADAS

O Concello investirá tamén no acondicionamento de viais. Está previsto o arranxo dos accesos de A Capariña, A Escola, Freixeiro, Cristo da Paleira, Manxofrío, O Sixto e Maladas, por importe de 186.755 euros que combinan fondos municipais co Plan Único.

O Concello contratará tamén mantementos no Vilar, O Pazo, Vilagudín, A Gatariza, Crecide, A Poceira, Os Barcós, Chavín, Castrobó, Morgallón, Fuciño do Porco e Abrela con 6.991 euros.

Tamén destinará a vías fondos do plan de mellora de camiños con obras de acceso a O Vilar, que ten un orzamento de 20.128 euros, así como 28.490 para outras pistas.

Tamén están previstos outros investimentos, como a colocación dun triturador de groso para auga da Edar, que ten un orzamento de  48.393 euros; a elaboración dun inventario de fincas rústicas urbanas por 17.424 euros ou mesmo a instalación de paneis nos sendeiros da ruta costeira, que están presupostados en  12.039 euros.