Skip to main content
BurelaComarca AMARIÑAXA

O PSOE preguntará no Parlamento polo servizo de cardioloxía do hospital de Burela

Por 3 Marzo, 2021Sin comentarios

A Secretaria Provincial do PSdeG e Deputada Autonómica, Patricia Otero, intervirá mañá xoves na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento, a partir das 10:30 da mañá, para interpelar ao Goberno de Feijóo sobre cando pensa cubrir as tres prazas de cardiólogos que existen no Hospital da Mariña?”. E que medidas que vai a tomar a Consellería de Sanidade para garantir que os enfermos con patoloxías cardíacas reciban a asistencia sanitaria axeitada?.

Otero lembra que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias coas que denuncia o desmantelamento do servicio de cardioloxía no Hospital da Mariña e reclama ao Goberno de Feijóo que “o repoña de xeito urxente polo menos ao seu nivel previo a Setembro de 2020”.

Nesa liña a Deputada tamén quere coñecer a opinión da Consellería de Sanidade “sobre si considera que a atención no servicio de cardioloxía do Hospital da Mariña se atopa garantida nestas condicións, cun só cardiólogo”.

Patricia Otero sinala que o Hospital da Mariña, é o hospital de referencia da zona Norte da provincia de Lugo e atende a unha poboación de máis de 70.000 habitantes, que se incrementa de xeito exponencial nas vacacións. Advirte que hai tres prazas de cardioloxía, “sen embargo a día de hoxe o hospital só conta cun único cardiólogo que só atende as urxencias, tal e como veñen de denunciar pacientes e a Plataforma Sanitaria da Mariña”.

A dirixente socialista denuncia que “a non cobertura destas prazas é unha mostra máis da degradación constante e do desmantelamento da sanidade pública na Comarca da Mariña por parte do Goberno de Feijóo”, criticou.