Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

O comité de Alcoa teme unha paralización da negociación da venda

Por 12 Marzo, 2021Marzo 13th, 2021Sin comentarios

O presidente do comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, José Antonio Zan, asegurou que “parece que se arrefriaron” as negociacións pola venda de factoría tras a entrada da UDEF nas plantas de Alu Ibérica, hai unha semana.

“Parece que se arrefriaron todas as negociacións desde a entrada da Unidade de Delitos Económicos da Policía Nacional nas oficinas” de Alu Ibérica, acreditou.

Zan subliñou que están “en mans, agora mesmo, do Goberno e da Xunta de Galicia, os cales prometeron unha intervención para que a SEPI se fixese coas plantas”. “Estamos pendentes desa negociación e non temos ningunha novidade sobre ese tema», apuntou.

Ademais, sinalou que desde a multinacional non se puxeron en contacto co comité de empresa, que está pendente dunha reunión, que veñen mantendo mes a mes. “Na fábrica está estabilizado todo o sistema produtivo e de cobranza. Temos a necesidade de chegar a un punto de encontro despois dun ano de conflito”, di Zan.

O presidente do comité de empresa alertou de que esta incerteza afecta “moi gravemente á economía da comarca. E aí é onde entra a responsabilidade dun goberno e da Xunta, de solucionar o problema canto antes”, apuntou.

Por último, constatou que seguen producindo con normalidade. “Estamos a facer o que sabemos facer moi ben, que é aluminio, pero o que queremos é ter unha solución e que os gobernos cumpran coa súa palabra e poñan solucións sobre a mesa”, apremou o sindicalista de Comisións Obreiras.