Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

O comité asegura que Alcoa está tendo beneficios

Por 18 Marzo, 2021Marzo 19th, 2021Sin comentarios

José Antonio Zan, presidente do comité de empresa de Alcoa, asegurou que a fábrica situada en San Cibrao  “gañou diñeiro durante o pasado mes de febreiro”. Aínda que non saben exactamente canto ten de beneficio, afirman que a planta da Mariña “está con números positivos” e piden que se axilice o proceso de compra.

Así llo trasladaron á SEPI, para que “convoque reunións para chegar a un acordo o antes posible e ter unha solución mellor para todos”.

Mentres tanto, a empresa aínda non se puxo en contacto co comité para dar conta do estado das negociacións tal e como teñen por obriga no contrato firmado entre ambos.

En canto ás negociacións, Zan insistiu en que descoñece “se hai novidades ou non”, para sinalar que a multinacional “ten de prazo ata o vindeiro luns para ofrecer información que ten comprometida tras o acordo».

“Esperamos que o SEPI estea a avanzar no acordo xeral, para chegar ao principio de acordo e darlle para diante. Está a demorarse por cuestións do día a día que xorden con respecto a esta problemática. Esperamos ter deica pouco a solución encima da mesa”, incidiu.

Por outra banda, seguen en cuestión as informacións que apuntan a que o grupo Liberty, que sería o que se faría finalmente coa planta comprando á Sepi, asegurou que si conta con respaldo financeiro, negando as acusacións realizadas nas últimas semanas de falta de financiamento.

Deste xeito, o comité espera a convocatoria da mesa multisectorial para o próximo luns e poder ver en que momento se atopa o proceso de venda.

APOIO AUXILIARES

Por otra banda, o comité de empresa manifestou o seu “apoio e respaldo” ao traballadores da empresa Eurest, que está aplicando un erte que afecta ao plantel que presta servizo en Alcoa.

Alertan de la necesidad de este persoal na factoría, para poder dar un servizo eficaz nunha situación tan difícil como a que se está a vivir nestes momentos, xa que impacta directamente na calidade do propio servizo, así como na atención, ao tener que asumir, o poco persoal que queda, unha carga de traballo superior á que lles correspondería.