Skip to main content
Deportes AMARIÑAXALourenzá

Fer Vallines, campión galego en lanzamento de peso

Por 4 Marzo, 2021Sin comentarios

Fer Vallines vén de proclamarse campión en peso sub18 no campionato galego de pista cuberta celebrado en Ourense para reabrir a competición tralo covid.

O atleta de Lourenzá fixo un magnífico lanzamento de 13,29 que lle valeu o ouro, malia estrear categoría e peso de 5 kilos. En segunda posición quedou Samuel Freiria (Celta Vigo con 12,72) e concluía terceiro Álvaro Rey (Universidade de Santiago) con 11,66. Fernando alcanza así o seu sexto título galego.

Ademáis, Manu Rodríguez en triplo salto remataba quinto con 11,84 e Alberto Ratoeira quinto de serie nos valados con 11,32.