Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

Recepción na Xunta ás Guerreiras Laranxas

Por 16 Marzo, 2021Sin comentarios

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, recibiu onte ao Pescados Rubén Burela FS, no pazo de Raxoi, como o Mellor Club Feminino do Mundo, coa presenza do adestrador, Julio Delgado, a capitá, Peque, e as xogadoras galegas Lara Balseiro e Ale de Paz, xunto ao presidente laranxa, Manuel Blanco.

Núñez Feijoo felicitou o equipo mariñán pola conquista do triplete da Liga, a Copa da Raíña e a Supercopa de España esta tempada brillante, salientando ademais a contribución do club burelista pola igualdade no deporte. Durante o acto, o presidente galego loou tamén a traxectoria, esforzo e traballo das Guerreiras Laranxas por manterse e autoesixirse na elite do fútbol sala, cuxos éxitos tamén veñen de recoñecer os FutsalPlanet Awards 2020, non só co galardón de Mellor Club Feminino, senón coa segunda praza de Mellor Adestrador Feminino para Julio Delgado e de Mellor Xogadora para Peque.