Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAXove

A liga de bolos ultima a tempada

Por 17 Marzo, 2021Sin comentarios

Decimoterceira tirada (terceira da segunda volta)  desta liga de bolos que xa vai entrando na súa recta final. Esta vez foi a bolera ubicada no Campo Municipal de Fútbol de Xove a que acolleu esta competición, na que tivo 31 inscritos, cunha tarde excelente para xogar aos bolos, temperatura agradable e campo en perfectas condicións.

Na liga sénior masculina, o líder e actual campión sigue imparable. Cos 10 puntos obtidos nesta tirada amplía a 35 puntos a vantaxe sobre o seu inmediato perseguidor Oscar Pérez. Miguel López podría proclamarse matemáticamente campión da Liga este vindeiro fin de semana, no que se van celebrar dúas tiradas. A vantaxe que ten, e tendo en conta  o nivel de xogo que mostra semana a semana, fai que sexa moi difícil, por non decir imposible, que se lle escape a victoria final, que sería a súa terceira consecutiva.

Por detrais, Óscar Meitín con 78 puntos, que ademáis non conseguiu puntuar nás dúas últimas tiradas. Óscar ten por detrás ao seu pai (Francisco Pérez) e a Arturo Vigo, ambos con 77 puntos, a Jordi  Meitín con 69 e Rafael González con 55, co cal a súa praza, como non reaccione, está en perigo máximo. Dende logo, a loita entre estes xogadores vai ser moi bonita nas 5 tiradas que faltan.

Na liga sénior feminina, Julia López (irmá de Miguel López) tamén domina absolutamente esta categoría, e cunha renda de 30 puntos sobre Belén Meitín (39 puntos), o máis probable é que se proclame matematicamente campioa este vindeiro fin de semana. Por detrás segue a loita entre Belén Meitín (39 ptos), Salomé Bermúdez, Carmen Roca (32 ptos) e Concepción Piñeiro 27 puntos. Polo tanto, tamén nesta categoría hai unha importante loita entre as citadas xogadoras por ver quen se fai finalmente coa 2ª e 3ª posición finais.

Na sub-16. Si ben Xenxo Salgueiro sigue sendo un líder sólido (73 puntos), Christian Cociña, grazas ás dúas victorias nas dúas últimas tiradas, consigueu recortar diferenzas, e con 57 puntos está a 16 de Xenxo. Siguen sendo moitos puntos de diferenza, pero bueno, que Xenxo non se confíe, xa que Christian está xogando moi ben e sendo moi regular.

Por detrás, Íker Cociña e Jordi Cancelos están pelexando pola terceira posición final, con vantaxe polo momento para Iker, que ten 5 puntos de renda.

Esta fin de semana haberá dúas tiradas. O sábado, 20 de marzo, no centro social de Cruceiro e o domingo no centro social de A Vara.