Skip to main content
Barreiros

Abre nunha nova ubicación a oficina de Turismo de Barreiros

Por 25 Marzo, 2021Sin comentarios

O venres 26 de marzo e de cara á Semana Santa abre a Oficina de Turismo de Barreiros que contará cunha nova ubicación. Este servizo prestarase no recibidor da entrada do Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

O horario de atención ao público durante a Semana Santa será desde o venres 26 de marzo ata o sábado 3 de abril polas mañás de  10.00h a 13.30 horas e polas tardes de 16.00h a 19.00h. O domingo 28 e luns 29 estará pechada.

O Concello de Barreiros formalizou a contratación dunha nova Técnica de Turismo no mes de xaneiro. Dende o primeiro momento estívose traballando na adecuación deste espazo para a prestación deste servizo demandado por veciños e visitantes. Así, dotouse de mobiliario e adaptouse o espazo á normativa Covid e ás necesidades propias deste traballo.

Poden poñerse en contacto a través do correo turismo@concellodebarreiros.gal,  no teléfono 982 134 400 / 606 835 626 e a través das redes sociais de Instagram e Facebook co nome de Barreiros Turismo.